Listaxe da composición da Sección Arqueolóxica dividida nas subcomisións: de obras, de propaganda e de correspondencia. Sinala a estrutura de presidente, vocais e secretario e os corresponsais por concellos galegos e españois. Inclúe un borrador.
Dúas copias das instrucións para os comisionados da Sección nas súas viaxes de propaganda da Exposición Regional Gallega de 1909, estruturadas en: visitar o maior número de monumentos, normas de catalogación, entrega das follas de inscrición e diario da viaxe. Van asinadas polo presidente, Antonio López Ferreiro. Inclúe un borrador.
Díptico da Exposición Regional Gallega de 1909
Folla de libramento de gastos para a Sección Arqueolóxica da Exposición Regional Gallega de 1909. Dirixida ao presidente da Comisión de Facenda e o presidente do Comité Executivo da Exposición.
Convocatoria para unha reunión da Sección de Arqueoloxía na Sociedade Económica de Santiago asinada por Antonio López Ferreiro, presidente da sección. Na marxe esquerda a listaxe dos convocados.
Convocatoria para unha reunión da Sección de Arqueoloxía na Sociedade Económica de Santiago asinada por Salvador Cabeza de León, vicepresidente da sección. Na marxe esquerda a listaxe dos convocados.